X

XIII Mostra de Teatro de Malpica

27/10/2017 - 01/12/2017

Malpica

XIII Mostra de Teatro de Malpica

O pasado luns dou comezo a XIII edición da Mostra de Teatro de Malpica. Do 23 de outubro ao 1 de decembro, o auditorio do Centro Cívico Malpicán acollerá 9 citas co mellor teatro de Galicia. Entrada libre ata completar aforo, teremos a ocasión de disfrutar do teatro todos os venres ata comezos de decembro. Este venres

Dura Lex. Volta e Dalle

O xuíz Salomón da Silva, natural de Nacente, aldea perdida no Souto da Retorta, convoca un acto de promoción para presentar un invento revolucionario, a DURA LEX PRO 1.0, a máquina de facer xustiza. Vítima dunha conspiración urdida nas intrincadas canalizacións do poder xudicial, o xuíz Salomón da Silva quere redimirse dando a coñecer o froito de máis de vinte anos de traballo e investigación.

Entre as variadas prestacións do invento destaca a súa axilidade no procesamento de condutas delituosas, a súa economía de medios facilitada pola supresión de fiscais, avogados, procuradores e outros roles xurídicos, e a súa irreprochable imparcialidade mecánica. Ante a urxencia de reformas e recortes no eido xudicial, sancionada pola crise e a política gobernamental, o noso xuíz ofrece á sociedade a solución perfecta a todas as imperfeccións do sistema xudicial.

Elenco: Pepe Penabade

Duración: 60 minutos

Xénero: comedia

Público preferente: maiores de 14 anos

Volver atrás