X

Actividades deportivas 2023/2024

Actividades deportivas 2023/2024

02/10/2023 - 30/06/2024

Dende o Concello de Carnota ofertamos as seguintes 𝐀𝐂𝐓𝐈𝐕𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄𝐒 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐈𝐕𝐀𝐒 para o curso 2023/2024!

O prazo de inscrición é do 14 ao 26 de setembro no Departamento de Deportes do Concello de Carnota ou no 64745944.

Primavera enDanza

Primavera enDanza en Carballo

12/04/2024 - 30/04/2024

Máis información: https://carballo.org/novas.php?id=9335&idioma=gl&sec=30

Lluvia de Estrellas Líridas 2024

Chuvia de Estrelas Líridas

14/04/2024 - 30/04/2024

Cando ver en 2024: A mellor hora será desde o atardecer do 21 de abril ata o amencer do 22 de abril. En 2024, a lúa chea será o 23 de abril, polo que a observación non será moi boa.

Radiante: Sae antes de medianoite, máis alta no ceo ao amencer.

Abril de libros Dumbría

Abril de Libros nas bibliotecas de Dumbría

16/04/2024 - 30/04/2024

No mes de abril as 5 bibliotecas municipais de Dumbría acollen actividades para a poboación infantil para conmemorar o mes do Libro e o día mundial do libro e o dereito de autor.

O acceso a todas estas actividades é libre e gratuíto, ata completar aforo.

Presentacion Finis Terrae en Carballo

Presentación do libro "Finis Terrae", de Marcos Rodríguez

23/04/2024 - 23/04/2024

O martes 23 de abril preséntase "Finis Terrae", o primeiro libro do fotógrafo carballés Marcos Rodríguez, publicado por Editorial Canela dentro da colección "Imaxes dun país".Unha selección de 170 fotografías de contido etnográfico e social produto de case dúas décadas de percorrido pola Costa da Morte. Xentes, oficios, celebracións tradicionais e relixiosas, rituais, ao lume, á terra, ao mar… O texto de presentación do libro foi escrito pola poeta Rosalía Fernández Rial, que acompañará a Marcos Rodríguez como condutora do acto. O acceso ao recinto do Museo de Bergantiños será libre e de balde ata completar capacidade.Presentación organizada polas áreas de Cultura e Bibliotecas de Carballo.

Día do Libro en Vimianzo

Día do Libro en Vimianzo

23/04/2024 - 23/04/2024

Día: 23/04/2023Hora: de 17:00-19:00hLugar: Biblioteca da Casa da Cultura