X

Ola, son a Moura, a túa guía de experiencias multiaventura en espazos naturais...

Desde pequenos, na cultura celta aprendíannos a amar e a respectar a natureza como unha parte de nós mesmos. Se non quedas abraiado con cada paisaxe e con cada mostra de vida que che ofrece a natureza, é que non estás vivo…

Experimentar o medio natural é vida, sempre que o fagas desde unha mirada introspectiva, desde dentro cara fóra, que busque a superación persoal e vivir a aventura. A través das distintas actividades de multiaventura na Costa da Morte poderás atopar esa nova mirada que te encherá de enerxía.

Estamos nun territorio axeitado para a práctica de diferentes deportes e actividades multiaventura: espazos naturais como o Monte Pindo (O Olimpo celta a onde tan só os druídas eran quen de subir), O Ézaro, o río Xallas, os penedos de Pasarela e Traba ou os cantís de Camelle son algunhas das zonas onde poderás gozar destas experiencias únicas. Atréveste a descubrir a vida que hai na #CostadaMorte?

Consulta máis información neste PDF