Hoxe dirixímonos á vila de Cee, onde poderás pasear polo casco urbano, visitar o Museo Fernando Blanco de Lema (cunha das coleccións de material científico máis importantes de Galicia) e relaxarte mentres camiñas polo areal da praia de Lires. Antes, poderías achegarte as muiños de Toba.
Se coincide que pasas por esta localidade en domingo, aproveita para ir a feira, integrarte nun mercado local e comer nalgún dos seus restaurantes.
Outra opción é poñerte na pel dun peregrino por unhas horas, realizando o tramo do Camiño de Santiago que pasa por Cee e percorre lugares como o Monte de San Pedro Mártir ou o Cruceiro da Armada, o primeiro lugar desde o que se ve o mar nesta ruta.
En Cee terás a oportunidade de vivir experiencias das mans de expertos locais. Podes contactar con Stoupa ou visitar a súa tenda turística.
Para sentir a experiencia que che propoño debes realizar unha andaina polo Camiño de Santiago.
Propóñoche un percorrido a pé polo Camiño de Santiago, unha ruta coa que te sentirás peregrino por un día. Para iso, poderás elixir varios lugares de interese nos que deterte. Algunhas das opcións son o Monte de San Pedro Mártir, coa súa ermida e a súa fonte milagreira (disque as súas augas curan os males de reuma, dos pés e as verrugas), e o alto do Cruceiro da Armada, o primeiro punto desde onde poderás ver Fisterra e o Atlántico.
Cando entres polo núcleo urbano de Cee poderás achegarte á rúa Magdalena para ver o Pazo de Cotón e o cruceiro que hai xusto ao carón da Fonte Penín. Tamén podes visitar a Igrexa de Santa María da Xunqueira.
En Cee tamén terás a oportunidade de vivir experiencias de mans de expertos locais. Para iso contacta con Stoupa ou visita a súa tenda turística.