X

Día 8: Vimianzo

 

Hoxe visitaremos Vimianzo, municipio no que conflúen lenda e historia, pasado e presente…

Recoméndoche visitar, a ermida da Nosa Señora de Montetorán un lugar sagrado, de lendas e con propiedades máxicas no que atoparemos un bosque de carballos e pedras de mouras… Imaxinas?(enlace a apartado lendas) Se non das chegado... pregunta aos lugareños!

Como plan para a tarde suxíroche outra parada imprescindible, o Conxunto Etnográfico de Mosquetín, a catro quilómetros aproximadamente da ermida, onde se conservan sete muíños e tres batáns ás beiras do río Grande, e dar unha camiñada pola Ruta dos Penedos de Pasarela e Traba. Alí poderás facer voar a túa imaxinación observando as suxestivas formas das rocas desta paisaxe protexida.

Para comer en Vimianzo recoméndoche fundamentalmente especializades á grella e, como curiosidade, direiche que aquí terás a oportunidade de degustar pratos de “arqueogastronomía”: preparacións culinarias que seguen receitas da época castrexa e medieval. Aceptas o reto? Tes distintas opcións de restaurantes para xantar.

Sairemos pola mañá cedo cara ao Castelo de Vimianzo, fortaleza medieval en excelente estado de conservación que actualmente alberga unha Mostra de Artesanía en vivo ademais de contar cunha ampla oferta cultural durante todo o ano.

Se queres facer algo especial nesta zona, podes contactar coa empresa de actividades Furancho Deportivo.

Poderías visitar tamén en neste día, a aldea do Porto de Cereixo.

Aproveitaremos as últimas horas de luz para acudir ao encontro co solpor. Nesta ocasión contemplaremos este colorido espectáculo desde o alto do Monte de San Bartolo, outro lugar de lendas que alberga unha capela e desde onde poderemos gozar dunha excelente panorámica do Val de Vimianzo. (enlace a apartado de lendas)

Para durmir, seguindo as ligazóns podes consultar os aloxamentos recomendados en Vimianzo ou en Muxía.

LUCES & SOMBRAS en Vimianzo

Para sentir a experiencia que che propoño a continuación deberás dirixirte ao Cruceiro Gótico dos Santos.

Convídote a descubrir a Galicia das meigas e dos meigallos: os cruceiros emprazados nos camiños teñen distintos usos. Moitas destas cruces foron colocadas nas localizacións de antigos miliarios romanos, a fin de cristianizar estes lugares. O seu uso era variado: sacar o mal do corpo ou rachar lazos emocionais, entre outros; aínda que o seu principal cometido é protexer o camiño, os bens materiais e as colleitas.

 

Así que non é raro atopar ofrendas, milladoiros de pequenas pedras e outros elementos votivos nestes lugares.

Que podemos atopar de todo isto en Vimianzo? Se te achegas ata o Cruceiro Gótico dos Santos poderás observar varios elementos excepcionais: unha cruz; a súa forma imita un tronco de carballo, unha representación da trindade coas figuras do pai, o fillo e o espírito santo (en forma de pomba) e un peregrino. Como verás, esta magnífica obra de cantería galega exhibe todo un paralelismo entre o camiño-peregrinación e a nosa evolución ao longo da vida…

Este destino descóbrese empregando todos os sentidos, e onde as mentes máis creativas atopan inspiración. O lugar idóneo para espertar a túa imaxinación está no Val de Vimianzo, na ruta dos Penedos de Pasarela e Traba. A arte dos dedos do tempo, unha contorna natural que non deixa indiferente a ninguén. Ao longo dun traxecto de dous quilómetros (desde a Torre da Moa ata o Lugar do Penedo) poderemos ver as singulares formas que o paso do tempo foi modelando na roca: A Torre da Moa, A Pena Forcada, A Pedra da Cachucha…

Aínda que nesta experiencia descubrimos o grande simbolismo que agocha o patrimonio deste municipio da Costa da Morte, aínda temos pendente a visita ao emblema de Vimianzo: o seu castelo. Como suporás, outro lugar de numerosas historias e lendas: a lenda das pombas do castelo, a do aforcado ou a dos Mariño…. 

A estas alturas seguro que xa te decataches de que nesta terra de meigas existe unha gran cantidade e variedade de relatos populares. Anímote a descubrilos no apartado lendas desta web. 

Se aínda che queda tempo, podes vivir outras experiencias de turismo deportivo,  turismo activo e de patrimonio cultural na zona. Tes a información seguindo as ligazóns

Propóñoche tamén a Ruta Literaria pola Costa da Morte