O día de hoxe dedicarémolo a coñecer a vila de Ponteceso, berce do gran poeta galego Eduardo Pondal.
Sairemos pola mañá cara a zona de Corme para dar un paseo pola Praia da Hermida, un areal desde o que poderemos contemplar a illa da Estrela. Antes de chegar a Corme aproveitaremos pararemos na enigmática Pedra da Serpe, outro dos moitos lugares de lenda da Costa da Morte (enlace a apartado de lendas de la web). E tamén de camiño, podes atopar o Monte Branco cunhas vistas únicas á Enseada do río Anllóns.
Antes de comer, recoméndoche dar un paseo polo núcleo urbano de Ponteceso, onde atoparás a Casa de Eduardo Pondal así como outras localizacións relacionadas co escritor. Estes puntos forman parte dunha interesante proposta que invita a coñecer este territorio a través da vida e obra deste ilustre veciño: a Ruta Pondaliana (enlace a Ruta Literaria).
Para comer, podes facelo nalgún dos restaurantes da vila, onde non deberías perder a ocasión de degustar os famosos percebes do Roncudo.
Pasada a hora do xantar recoméndoche pasar a tarde visitando Nosa Señora do Faro de Brantuas e facer unha andaina pola enseada do río Anllóns. Se tes ganas dun paseo máis longo, podes consultar na ligazón a información sobre rutas que proporcionan desde o municipio.
Para sentir a experiencia que agora che propoño debes dirixirte á praia da Herrmida, desde onde poderás ver a illa da Estrela: unha contorna de lenda (enlace a lendas), culto e tradición no que a historia convive coa natureza.
Conta a historia que, aproveitando as luces e sombras do momento do lusco e fusco, na illa da Estrela se enterraban aos mortos descoñecidos que traía a mar. Actualmente nesta illa sitúase unha ermida dedicada á Virxe da Estrela e os restos dun castro, sen dúbida un exemplo dos frecuentes casos de cristianización de lugares de orixe pagá.
E, xa que che estou a falar de paisaxe e natureza, recoméndoche outro percorrido, neste caso fluvial: a Ruta do río Anllóns. A miña proposta ten a auga como elemento primordial que dá a vida, pero tamén a destrúe cando o nivel do río desborda. Aquí atoparás muíños antigos, pontes e o templo de San Fiz de Anllóns; campás ás que alude o propio Eduardo Pondal nunha das súas composicións