En los días de hoy y de mañana viajaremos a través de la “línea del no tiempo” a través de la mirada del Padre Sarmiento.
En su libro Viaje Galicia (1745) anotó lugares por los que pasó, estuvo o visitó. En sus apuntes también señalaba aspectos que atraían su atención, como por ejemplo los mejillones o los percebes que encontró en el litoral de A Costa da Morte (y también en Pontevedra).
Te recomiendo empezar la jornada en Mazaricos, subiendo al Mirador de Enxilde. Desde este punto podrás ver desde lo alto, al igual que hizo el Padre Sarmiento en su día, buena parte de los lugares que ya habrás visitado: Fisterra, Monte Pindo, Ézaro…
"Enxilde. Aldea de Arcos inmediata á Barca, ao oriente, despois de pasada. Desde un alto de Euxilde, mirando por un encanamento ao poñente, hai unha vista primorosa pois vese de cheo a vila de Fisterra, e todo o promontorio; á dereita as caídas á igrexa de Santa Uxía do Ézaro; no medio, ou no encanamento, o sitio Cadoiro, ou cara onde se despena o río Ézaro; e á esquerda: a punta do monte Pindo, entre esta, e a punta da Pedra da Galeira, en Santa Uxía -que é a que, coa punta de Ce, fan a (81 v.) boca da ría de Corcubión e Ce, cae ou se precipita al río. (…)
Mirando desde o mesmo lugariño de Euxilde, e ao mediodía vese de frente o monte Pindo, que non é tanto un monte empinado, mais unha serra, cadea ou retablo de montes unidos que fan á vista unha figura máis fermosa, que a montaña de (82 r.) Monserrat. De feito convenlle admirablemente o nome de Monte Pindo; e penso que será antigo, e que se lle poría a imitación do Pindo de Grecia.
Representa á vista un coro de musas, representadas en nove cimeiras distintas e moi escarpadas; e no medio se eleva sobre todas una montaña máis alta como a Bicípite, ou con dúas cimeiras".
En Viaje Galicia (1745)
"Niñóns, San Cremenzo. Santa Uxía de Lézaro, ou mellor, de Ézaro. Barca dos Cregos. Media legua. Esta barca está no río Ézaro ou Lézaro entre a freguesía de Santa Uxía e Santiago de Arcos.
É unha barca perigosa, pois o río Ézaro vén moi despenado é o que vai despenar a pouco máis de media legua no mar entre o principio dúo Monte Pindo e Santa Uxía do Ézaro, ou do Ézaro e o lugar onde cae chámase Cadoiro".
En Viaje Galicia (1745)
Outro autor César Antonio Molina, no seu libro Viaje a la Costa da Morte, fai referencia á existencia dun estaleiro localizado no estuario do Ézaro, onde os invasores viquingos construían os seus navíos.
"En el puerto natural de Quilmas, en la alta Edad Media, se detenían naves normandas para ser reparadas y carenadas, también para incursiones por el interior, lo mismo que los vikingos, árabes y turcos, incluso se piensa que en el estuario del río Xallas, al desembocar en O Ézaro, llegó a existir un pequeño astillero en donde los invasores construían naves con el apoyo de los forzados naturales del lugar".
Outros autores que falaron de Dumbría:
En Carnota ademais do Monte Pindo podes pasear por algunha das súas praias, as cales menciona tamén o autor:
O Pindo comeza cunha punta no mar onde se precipita ao Ézaro e vai facendo un círculo, ou semicírculo, até meter a punta, que chaman Cal de Barcos, no mar. Entre esta punta e a primeira hai un areal, ou enseadiña, no Pindo, e alí a aldea de Panchés e Quilmas, a Currá. Entre o cabo, ou punta de Cal de Barcos e o cabo, ou punta de Lira está o grandísimo areal, que remata todo o val de Carnota (83 r.), no que está a freguesía de San Mamede de Carnota, a quen pertence o Pindo, e máis ao oriente Santa Comba de Carnota. É común dicir que os carnotenos ou carnotáns, do val ou das montañas circunveciñas (son fortísimos) e de moito valor.
En Viaje Galicia (1745)
Unha escritora que tamén falou do Pindo foi María Xosé Queizán na súa obra xuvenil O segredo da Pedra Figueira (1985). Ademais, a novela Veume visitar o mar, de Rosa Aneiros, está ambientada na parroquia de Lira na época do afundimento do Prestige.
En Alma e o mar, Francisco Fernández Naval nomea lugares como Agrovello e o Monte Pindo. Mª Carmen Rey. Na novela Escapados refírese aos fuxidos da guerra que se agochaban no Monte Pindo. Tamén Francisco Añón en “Alborada” alude a este monte sagrado.
Por outra parte, na parroquia de Lira consérvase un monumento en honor a Castelao. Fai referencia a unha visita do intelectual á Costa da Morte, onde protagonizou un mitin en 1936.
Volvín de Fisterra ao areal de Langosteiras, que mira ao mediodía, e a Pumariño, punto que o colle ao oriente. Sardiñeiro e o seu areal e enseada, Rastrelo, punta oriental do areal (80 r.) astorde, areal e enseada. (...)
Seguindo de atrás, desde a punta de Ce, costeando a ría de Curcubión e de Cé, hai isto: Punta de Ce, contraposta a Ce, e que fai a boca da ría, Castelo de Curcubión, chámase o Cardeal, Curcubión, vila e porto. (...) Porto de Ce. Regato, e fin da ría. Vila de Ce, contraposta, máis oriental, a Curcubión. Areal, "xunqueira" y mediano río de Brens (80v.). Santa Eulalia de Brens Berroxe.
"No día 16 saín de Moraime a Curcubión, por Finisterre (78 r.) v.g. E ao saír descubrín ou desubrira desde Muxía, que a boca da ría de Camariñas ten por punta boreal o Cabo Vilán na freguesía de Buxá.
(...) Fisterra, tres leguas desde Moraime. É tradición alí, que na Xunqueira e areal houbo antigamente unha gran cidade chamada Duio e que se anegou. Para asentir será preciso crer (79r.) que o cabo Fisterra e o cabo da Nave foron algún tempo unidos e que abriron do mar a corta gorxa, que hai entre o areal da Nave e o de Langosteiras, inundou a cidade facéndoa xunqueira, e que logo con moita area, que volveu apecharse a gorxa como hoxe está, o que (non) me parece imposible.
Desde Fisterra, pasei a ver, e adorei, ao Santísimo Cristo, que estaba no cabo, e é moi devoto e está con decencia. Logo subín a pé (despois de mediodía) ao cabo e cheguei até a ermida de San Guillame, que está moi mal, e San Guillelmo de pedra vestido de agustino.
(O que nos guiaba -pensou D. Juan Alejandro Senlle) ensinounos na ermida o sitio no que, non hai moito tempo, había unha especie de pía ou cama de pedra, na que se botaban a durmir marido e muller, que por estériles, recorrían ao santo e a aquela ermida; e alí diante do santo enxendraban. E por ser cousa tan indecorosa, mandouse, por visita, quitar aquela gran pedra, pío ou cama, e quitouse o concurso.
O promontorio de Fisterra é maxestuoso e moi alto; a última punta ten diante de seu unha pena, que chaman o Centulo, como a illa de Ons. O areal grande de Fisterra ou Langosteiras só dista un cuarto de legua do outro areal, que está a poñende e é o do cabo da Nave e de comunicárense, ficaría o cabo de Fisterra illado con dúas leguas de circuito por mar. (...) Desde a ermida de San Guillelmo, onde estiven, vese moito mar, rías e cabos, v.gr.: o da Nave co seu arcal; o Pindo monte, a boca da ría de Corcubión, as penas Lobeiras, que teñen moitos percebes, a boca da ría de Muros, etc".
O Premio Nobel Camilo José Cela tamén pasou moitas tempadas nunha casa en Fisterra, ao carón da Praia da Langosteira. Hoxe día, esa rúa leva o seu nome e, nun dos extremos, hai un busco del autor cunha frase súa: “Finisterre es la última sonrisa del hombre asomándose al infinito”.