X

A Tremosa (Ponteceso)

A Tremosa gañou a súa sona entre os amantes das ondas xigantes, tanto a nivel nacional como internacional. É un dos tesouros mellor gardados da Costa da Morte, e cada vez mellor valorada por aquelas persoas que se atreven a probala, sendo incluso comparada con ondas como as de Australia ou Hawai. Xera unha onda de gran tamaño que, coas condicións axeitadas, transfórmase nun festival de tubos para as persoas máis atrevidas.