Axenda
Programación Cultural e Deportiva de Verán de Laxe
O Concello de Laxe impulsa unha completa programación de actividades para todos os públicos para a presente tempada estival.
Por unha banda, o pasado 1 de xullo deu comezo a primeira quenda dos ‘Peque Campamentos’, que se estenderá ata o vindeiro día 12. A segunda está programada para o período comprendido entre o 15 e o 29 de xullo e a terceira do 31 de xullo ao 13 de agosto. A rapazada poderá gozar de diferentes actividades de luns a venres, como manualidades, xogos, excursións á praia e á piscina, etc.
Visitas teatralizadas e artesanía ao vivo no Castelo de Vimianzo
Visitas teatralizadas ao Castelo de Vimianzo durante o verán ás 12 e ás 17 horas
Mostra de artesanía viva no Castelo de Vimianzo
Exposición "Plumas coloreando los cielos de pintura y escultura" en Cee
Exposición "Plumas coloreando los cielos de pintura y escultura" en Cee. Do 24 de agosto ao 14 de setembro na Casa da Cultura de Cee.
Rutas guiadas por Cee
Rutas guiadas polo casco antigo da vila os sábados. Máis información na oficina de turismo de Cee.
Programa A Laracha Activa e o Mar de Caión
Programa medioambiental de actividades do Concello da Laracha con obradoiros, camiñadas e exposicións.
EXPOSICIÓN OS MORCEGOS DE GALICIA: do 30 de agosto ao 18 de setembro. No centro sociocultural de Caión.
Festas dos Milagres de Caión
O sábado día 31 de agosto ás 20:30h comeza a Novena na igrexa parroquial.
Domingo día 1: Misas na igrexa parroquial ás 10h, 11h, 12h. A continuación, subida en procesión ao Santuario e Misa solemne ás 13:30h. Pola tarde, misa ás 17h, 18h, 19h e 20h.
Carballo na Memoria 2024
Xornadas de microtoponimia relacionadas coa vila de Carballo.
Iluminación da Fervenza do Ézaro, en Dumbría
Iluminación da fervenza do Ézaro durante os meses de verán os venres, sábadaos y vésperas de festivos.