X

33º FIOT en Carballo

26/09/2024 - 31/10/2024

Carballo

33º FIOT en Carballo

Desde o 26 de setembro e ata o 31 de outubro de 2024, celébrase en Carballo a 33ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) baixo o lema “Agora é sempre”.

Destacados dramaturgos e directores participarán nesta edición do FIOT en Carballo. Cinco semanas de teatro en espazos de rúa e espazos non convencionais do municipio de Carballo (A Coruña), cun programa aberto a todos os públicos, formatos e sensibilidades.

Serán 36 espectáculos, procedentes de 3 países e 7 comunidades autónomas, con 8 estreas absolutas, 1 estrea en España, 6 estreas en Galicia e máis dunha trintena de actividades paralelas.

O FIOT desagrégase en numerosas liñas de programación, como o OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado), con espectáculos alternativos e inclasificables; Rúa dous Contos, XXV edición do ciclo de narración oral pioneiro en Galicia; ou FIOTEEN, que reúne propostas específicas para os adolescentes, entre outras propostas.

Toda a información e programa do Festival, na seguinte ligazón: www.fiot.gal

Volver atrás