Axenda
Actividades deportivas 2023/2024
Dende o Concello de Carnota ofertamos as seguintes 𝐀𝐂𝐓𝐈𝐕𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄𝐒 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐈𝐕𝐀𝐒 para o curso 2023/2024!
O prazo de inscrición é do 14 ao 26 de setembro no Departamento de Deportes do Concello de Carnota ou no 64745944.
Semana Santa de Fisterra
En Fisterra, aínda que a Semana Santa comeza xa o 16 de marzo, as actividades de carácter lúdico veñen da man das Festas do Santo Cristo, que serán o 30 e o 31 de marzo e o 1 de abril. Haberá pasarrúas e alboradas e tamén actuacións musicais nocturnas. Nas seguintes ligazóns podes consultar tanto as actividades relixiosas como as de carácter lúdico.
Semana Santa de Laxe
No caso da Semana Santa de Laxe, haberá diferentes actividades culturais programadas desde o venres 22 ata o domingo 31 de marzo. Entre estas, destacan o obradoiro de fotografía Analóxica o martes 26 e o mércores 27 da mán de Óscar Górriz ou a xornada de portas abertas coa entrada de balde no Museo do Mar de Laxe o sábado 30. Podes descargar o cartaz coa programación premendo aquí.
Semana Santa de Vimianzo
A Semana Santa de Vimianzo tamén abranguirá moitos días de programación cultural. Entre o 22 eo 31 de marzo, haberá tanto unha mostra de artesanía en vivo como unha interesante exposición no Castelo de Vimianzo: "Vimianzo no tempo, do castrexo ao medievo". Tamén hai programadas visitas teatralizadas no castelo os días 28, 29, 30 e 31 de marzo. Podes consultar o resto de actividades de Vimianzo premendo aquí.
XXXIII Mostra de Encaixe de Camariñas
A XXXIII Mostra de Encaixe de Camariñas celebrarase entre o 27 e o 31 de marzo. Esta nova edición pretende reivindicar o encaixe como un elemento de valor para coñecer o municipio.
PROGRAMA COMPLETO
XI Mostra de Promoción Local de Carnota "Víndemo Ver"
Os días 28, 29, 30 e 31 de marzo a praza de San Gregorio de Carnota acollerá unha gran variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía de creadores e creadoras locais dentro do “Mercado da Deputación”. Ademais destes espazos, distribuiranse pola praza diferentes postos de comida e bebida para degustar ao aire libre.
Curruncho Pop: presentación literaria e concertos
Curruncho Pop
Información e reservas: