Camiñando de Carballo a Razo
17/08/2024 - 17/08/2024
Carballo
A nova senda peonil a Razo procura fomentar unha unión maior entre a vila de Carballo e a praia de Razo, co obxectivo de que se converta nunha ruta habitual. Para a realización desta actividade contarase coa entidade deportiva Xiria, que poñerá a coordinación da acción, que organizará actividades lúdicas para cando as persoas participantes vaian chegando a Razo.
Tamén haberá unha merenda para repoñer forzas e ademais dispoñeranse medios de retorno para as persoas que así o desexen.
Horario: de 10:30h a 13:30h
Límite de prazas: 200
Dirixido a calquera idade (menores acompañados/autorizados)
Punto de encontro: Parking do campo de Fútbol - Polígono de Bértoa
Coordina: XIRIA
Colabora: Gadis
Para máis información contactar: balonmanxiria@gmail.com 609560955 -609562376