X

"Con X de Laxe, con X de Peixe"

18/05/2018 - 21/05/2018

Laxe

"Con X de Laxe, con X de Peixe"

A área de Comercio, Hostalaría e Turismo de Laxe, en colaboración coa Deputación, pon en marcha «Con X de Laxe, con X de Peixe». A iniciativa, que trata de xogar co nome do pobo e co seu produto gastronómico estrela, forma parte dunha serie de accións que deron comezo fai xusto agora un mes coas xornadas gastronómicas ao amparo do programa ReLAXEse, seguidas da promoción desta propia ruta de petiscos na Feira de Turismo Ibérica en Portugal. A ruta gastronómica terá lugar este sábado, de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas, e o domingo de 12.00 a 15.00 horas, cun tren turístico que permitirá aos comensais percorrer o dez establecementos participantes. Todos os petiscos terán un prezo único de 1,50 euros e haberá un xurado profesional que valorará cada tapa. Ademais do premio do xurado, haberá un premio do público, así como o sorteo de diferentes agasallos.

Volver atrás