X

Encontro Internacional Vákner: Un monstro do Medievo no Camiño de Fisterra e Muxía

18/10/2019 - 19/10/2019

Albergue de Peregrinos do Conco

Encontro Internacional Vákner: Un monstro do Medievo no Camiño de Fisterra e Muxía

O concello de Dumbría organiza o Encontro Internacional VÁKNER, un monstro do medievo no Camiño de Fisterra e Muxía, que se celebrará en Dumbría os vindeiros días  18 e 19 de outubro.

Desde o territorio  Vákner, queremos convidarvos a todos e a todas a este Encontro, no cal descubriredes a fantástica historia acontecida nestas terras aló polo século XV, e que está vinculada ao Camiño Xacobeo.

O programa do Encontro para as dúas xornadas pódese consultar na páxina web do concello de Dumbría.

Podedes inscribirvos premendo aquí e cubrindo un sinxelo formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf38_FXh6p4IOUFvblbzRrJFV76z1c1ri2T4umCwlrjtDOxGg/viewform 

 

Volver atrás