X

Entroido en Carballo

15/02/2019 - 23/03/2019

Carballo

Entroido en Carballo

Orellas, filloas e Mickey Mouse. O cartel do Entroido 2019 trae case todo o que precisamos para pasalo ben na festa de Don Carnal, ao igual que o programa de actividades que inclúe o Concurso e desfile de disfraces, comprasas e carrozas, o Enterro da Sardiña, festas gastronómicas, cotillóns, obradoiros e foliadas, bailes para os maiores, animación infantil e de rúa, e un concerto e unha masterclass de Manuel Blanco, un dos trompetistas clásicos máis importantes de España.

Como cada ano, a cita más concorrida do Entroido carballés e o Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas, que sempre ten lugar o domingo de Entroido e que cae o 3 de marzo. Presentado polo Mago Álex, comeza ás 18.00 horas e é un dos desfiles de máis tradición da comarca, que incrementou este ano a contía dos premios ata os 8.500 euros, dos cales 4.000 destinaranse a gratificacións por participación e o resto repartirase entre os gañadores. Ao remate do desfile celebrarase, patrocinado pola Concellaría da Terceira Idade e amenizado pola Orquestra Trébol, o tradicional baile de disfraces na Praza do Concello, durante o cal terá lugar a entrega de premios do concurso.

Outra das actividades que máis público vai gañando cada ano é o Enterro da Sardiña, que terá lugar o 5 de marzo a partir das 21.00 horas. Como en anteriores edicións estará coordinado pola Aula Municipal de Teatro, coa que colaborarán Vagalume Animación, Cruz Vermella e a charanga Santa Compaña, que animará e acompañará a comitiva. Os máis pequenos e pequenas son sempre protagonistas do Entroido, por eso non podía faltar a animación infantil. Neste caso cun obradoiro para nenos e nenas de 4 a 12 anos que se impartirá na Biblioteca Rego da Balsa o 4 de marzo, ás 18.00 horas e que se titula “O Entroido xa vén. Creación de instrumentos musicais para formar unha comparsa”. É un obradoiro para nenos e nenas de 4 a 12 anos que se impartirá o 4 de marzo, ás 18.00 horas.

Ademais, este Entroido os encargados de levar a musica ás rúas son as charangas Mekánica (a tarde e noite do 3 de marzo) e Santa Compaña (a tarde e noite do 5 de marzo e no Enterro da Sardiña).

 Descargar Programa PDF

Volver atrás