X

Exposición de Rosana Calvo e C. Beiro na Casa da Cultura de Vimianzo

19/01/2018 - 18/03/2018

Casa da Cultura de Vimianzo

Exposición de Rosana Calvo e C. Beiro na Casa da Cultura de Vimianzo

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Vimianzo acolle dende hoxe até o vindeiro 18 de marzo, unha exposición de gravado e pintura que corre da man de Rosana Calvo e C. Beiro. Rosana Calvo participou xa en varios talleres nacionais en técnicas especializadas en calcografía e placa solar. As súas obras xa foron expostas en varias galerías e é a fundadora de “Dous”; un taller de experimentación das Artes. Entre os traballos de C. Beiro, tamén de Noia, destaca a ilustración, entre elas dez capítulos da edición principe de "El Quijote", e  diferentes portadas e libros.

Volver atrás

  • Mar de Xentes