X

Mazaricos homenaxea aos seus escritores cun roteiro no Día das Letras Galegas

14/05/2018 - 17/05/2018

Beba

Mazaricos homenaxea aos seus escritores cun roteiro no Día das Letras Galegas

O departamento de Cultura do Concello escolleu este lugar porque é alí onde naceron 4 dos escritores de Mazaricos: Francisco Suárez Salgado, da casa de Suárez; Xesús Romero Suárez, da Xalleiro; Silvestre Gómez Xurxo, da de Salgado e Manuel González González, da dos Reino. Para homenaxear este día, levarase a cabo un roteiro por Beba, con parada en cada unha das casas, acompañando o percorrido coa lectura de textos destes autores e coa narración dos datos principais das súas biografías. A saída será camiñando ás 5 da tarde desde o Campo da Feira da Picota. Tras a camiñada haberá merenda e a volta será en autobús.

Volver atrás