X

O Concello de Zas pechará a tempada cun concerto nas Torres do Allo

06/09/2018 - 17/09/2018

Torres do Allo

O Concello de Zas pechará a tempada cun concerto nas Torres do Allo

A Concellería de Cultura de Zas quere dar un fin de festa a un verán de récord en canto a visitantes organizando un concerto nas Torres do Allo. O domingo 16 de setembro ás 19:00 horas o dúo "Caamaño - Ameixeiras" será o encargado poñer música a este final de tempada. A formación de música folk actuará dentro do programa "Músicas do Mundo", desta volta entre as pedras centenarias do pazo do Allo. 

Un marco espectacular para escoitar a Antía Ameixeiras, gañadora do concurso de xoves intérpretes para tocar con Carlos Núñez na súa xira por E.E.U.U e actual violinista de Luar na Lubre; e a Sabela Caamaño, multipremiada acordeonista e pianista de Oza dos Ríos. As dúas, unhas das promesas máis sólidas da música galega dos últimos tempos. A actividade é de balde e de acceso libre ata completar aforo.

Volver atrás