X

O encaixe no Camiño

26/07/2019 - 28/07/2019

Camariñas

O encaixe no Camiño

Do 26 ao 28 de xullo, a vila de Camariñas vístese de medieval e énchese de actividades para recrear a chegada da tradición palilleira a Camariñas, así como a unión con Santiago mediante o seu particular tramo do Camiño.

O venres 26, a partir das 17:00, comeza o ambiente festivo coa apertura do mercado e dos postos medievais. Para o sábado e o domingo están programadas dúas representacións teatrais e unha camiñata. Un campamento de xogos infantís populares, actividades na rúa a cargo das palilleiras, un desfile de moda e a actuacíón de Laura Sánchez, serán outras das actividades a desfrutar neses días.

Volver atrás