X

Ruta das Estrelas 2024 en Cabana

11/08/2024 - 11/08/2024

Dolmen de Dombate

Ruta das Estrelas 2024 en Cabana

O roteiro é un percorrido nocturno polo patrimonio cultural da localidade coruñesa que permite observar o ceo lonxe da contaminación lumínica das urbes. As numerosas edicións son guiadas polo Catedrático de Física da Universidade de Santiago, Jorge Mira.

Parte do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate, Catedral do Megalitismo de Galicia e os participantes camiñan ata o cumio do Castro de Borneiro, un lugar de privilexio para gozar da maxia nocturna e facer a observación nocturna de estrelas, nos montes de Borneiro.

O evento terá lugar o domingo 11 de agosto de 2024, a partir das 22.00 horas. Recoméndase levar roupa e calzado de abrigo, así como lanterna.

Un itinerario para observar e aprender coa mirada posta no ceo e a atención nas explicacións de Jorge Mira, que un ano máis exercerá de guía para ducias de persoas que desfrutarán dunha noite marabillosa durante a Ruta das Estrelas polas terras de Borneiro (Cabana de Bergantiños). A actividade é todo un clásico e cada ano, gaña adeptos.

Trátase dunha ruta de percorrido lineal de ida e volta, cun tramo circular. Tras un tiempo de camiñar cómodamente sen apenas desnivel, se chega ao rincón máis fotoxénico e paisaxístico da Ruta que é o Castro de Borneiro.

Un evento enmarcado na programación de verán do Concello de Cabana de Bergantiños que trae consigo unha das actividades máis esperadas.

Cando a Costa da Morteparecía no poder presumir de máis cousas, en Cabana xa hai 20 anos que mirábamos ao ceoAlá arriba o sol sempre tiña atardeceres moi aplaudidos por locales e visitantes, pero a noite case sempre pasaba desapercibida excepto en Cabana. Un dos primeiros en prestarlle atención foi Jorge Miraque inicióu este programa de Rutas das Estrelas fai 20 añosneste Concello.

No obstante, dende aquela primeira iniciativa, a comarca foi traballando neste tema ata o punto de presentar a súa candidatura para convertirse en destino Starlight, mentres que actividades como esta pioneira de Cabana se suceden polo territorio atraendo cada vez a un maior número de turistas.

Dende o Concello de Cabana agradecen sempre a participación a toda as persoas que acuden á cita, e a Jorge Mira por facer de guía nesta sempre fantástica experiencia.

Volver atrás