X

Simposio: A Translatio e os Camiños de Santiago na Costa da Morte

25/10/2019 - 26/10/2019

Casa da Cultura de Vimianzo

Simposio: A Translatio e os Camiños de Santiago na Costa da Morte

O proxecto que vai desenvolver o Concello de Vimianzo dentro do programa O Teu Xacobeo pretende poñer en valor a representación do episodio da Translatio que recolle o tímpano da porta lateral da Igrexa de Santiago de Cereixo.

Esta imaxe é singular e única xa que se trata da iconografía en pedra máis antiga que se coñece no mundo sobre ese tema e, ademais, está inspirada nas primeiras versións que falaban de que o cadaleito do Apóstolo viña acompañado de sete discípulos. Por outra banda, na clave do tímpano aparecen as figuras dun bispo co báculo na man e un anxo que parecen presenciar a escena, imaxes que fan referencia a outra parte da tradición xacobea, a Inventio, ou descubrimento do sepulcro.

A presenza da advocación de Santiago en Cereixo, tan preto do santuario da Virxe da Barca de Muxía, fai pensar na posibilidade de que a ría de Camariñas e Cereixo poidese funcionar como porto de chegada de peregrinos do norte de Europa dende a Idade Media.

Máis información: https://www.vimianzo.gal/axenda.php?id=1024&idioma=gl&sec=240 

Volver atrás