X

Teatro, proxeccións audiovisuais, pintura, obradoiros e música comparten protagonismo coa literatura en Carballo

14/05/2018 - 22/05/2018

Carballo

Teatro, proxeccións audiovisuais, pintura, obradoiros e música comparten protagonismo coa literatura en Carballo

Un ano máis, desde a Concellaría de Cultura,  en colaboración con outros departamentos municipais, entidades sociais e culturais e centros educativos, ofrécennos durante todo o mes de maio unha programación na que a literatura comparte protagonismo con moitas outras manifestacións culturais. Teatro, proxeccións audiovisuais, pintura, obradoiros e música servirán tamén para render homenaxe á literatura galega en xeral e a María Victoria Moreno en particular.

As próximas cita témolas o martes 15 no obradoiro creativo María Victoria Moreno, unha historia de amor, a partir das 18.00 horas na Biblioteca Rego da Balsa, e o 16, por iniciativa do Casino 1889, coa colaboración de Bodegas Carballo, celébrase a partir das 21.00 horas o Festival Contra-Letras. A Banda Xuvenil de Música do Conservatorio actuará o Día das Letras

Para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, están previstas as seguintes actividades que podedes consultar na seguinte ligazón: http://www.carballo.org/novas.php?id=5901&idioma=gl&sec=30

Volver atrás