X

VII Encontro Internacional Starlight

01/10/2024 - 04/10/2024

Cee

VII Encontro Internacional Starlight

O VII Encontro Internacional Starlight reunirá a profesionais, empresas, entidades públicas e privadas, medios de comunicación, monitores e guías Starlight, centrando o seu enfoque nos eixos transversais da Fundación Starlight: astroturismo, desenvolvemento sostible local, patrimonio natural e cultural vinculado á luz das estrelas, protección do ceo e difusión da astronomía.

II Conferencia Internacional sobre Astroturismo atraerá a expertos de diferentes lugares do mundo para ofrecer unha visión ampla e diversa sobre as tendencias e o desenvolvemento no eido do astroturismo a nivel internacional. Será tamén un bo momento para poñer en contacto a profesionais e entusiastas do astroturismo de países distintos, creando grandes oportunidades para futuros proxectos e colaboracións.

Manuel Muíño, presidente da CMAT, asegura que o feito de acoller este encontro é un “indicativo da enorme implicación e compromiso dos concellos da Costa da Morte co noso xeodestino turístico”.

Segundo a directora da Fundación Starlight, Antonia Varela, a Costa da Morte é un dos Destinos Turísticos máis novos da Rede Starlight, pero levou a cabo un camiño ascendente e cunha sólida estratexia astroturística, á que se suma o gran compromiso das administracións públicas e empresas responsables do territorio, afíns aos principios da Rede Starlight”.

A Fundación Starlight salienta que celebrar este encontro na Costa da Morte é tamén estratéxico para toda Galicia, que xa conta con sete Destinos Turísticos Starlight, sendo a terceira comunidade autónoma con máis certificacións deste tipo, despois de Castela A Mancha e Canarias, empatada con Castela e León e seguida moi de preto por Andalucía, Cataluña ou Aragón.

Polo tanto, a celebración deste congreso na Costa da Morte é histórica e unha oportunidade única de posicionamento internacional como destino turístico, establecendo un precedente para futuros eventos e xerando oportunidades económicas a curto e medio prazo.

Un evento asentado a nivel nacional e internacional

Nas súas anteriores edicións, este evento celebrouse en lugares tan diversos como Gredos (Castela e León), Menorca (Baleares), Mosteiro de El Olivar (Aragón), Évora (Portugal) ou Fuencaliente de La Palma (Canarias). O pasado encontro de 2023, no que a Costa da Morte foi o único Destino Starlight de Galicia que participou como relator, tivo lugar en Cuenca, atraeu a máis de 200 participantes e, ano tras ano, demostra ser un evento de gran impacto económico e social no territorio.

Podes consultar o calendario e o programa aquí.

Volver atrás