X

VIII Festa da Palilleira de Camariñas

07/12/2019 - 07/12/2019

Pavillón Municipal Camariñas

VIII Festa da Palilleira de Camariñas

O sábado 7 de decembro, no Pavillón Municipal de Camariñas, terá lugar a VIII Festa da Palilleira.
Organizado polo Concello de Camariñas, xunto coa Asociación Profesional de Palilleiras de Camariñas Rendas e a Asociación de Palilleiras Puntillas de Camariñas, este encontro de encaixeiras de diferentes procedencias terá lugar o sábado, en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

Máis información: de luns a venres, de 8:00h a 15:00h, no número de teléfono 653 265 529 e a través do correo electrónico dolores.lema@camarinas.net.

Volver atrás