X

Volve o "Carballo por Etapas"

22/05/2018 - 31/05/2018

Carballo

Volve o "Carballo por Etapas"

A iniciativa fai súa unha vella máxima da sedución, atraer pola boca, é dicir, cun bo prato de comida, fomentando o atractivo turístico de Carballo a partir dos produtos autóctonos, do noso pan e dos nosos produtos do mar e da horta, e dando a coñecer a nosa variedade gastronómica.

O Carballo por Etapas, que nace da colaboración de Axober (a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños) e do Concello de Carballo, terá lugar nos dous últimos fins de semanas de maio

Do 23 ao 25 de maio serán as Xornadas do Atún Calvo e o protagonista das tapas será este peixe que é motor da principal industria conserveira da zona e unha das máis coñecidas en todo o Estado. Do 30 ao 1 de maio, as delicias do Carballo por Etapas estarán centradas nos propios produtos da comarca de Bergantiños. Ademais, conseguirás premios directos con ráscalos que poderás pedir con cada tapa. Hai máis de mil, entre tapas, gorras, camisetas e botellas magnum (botellas de viño grandes).

Un tren turístico, cedido polo concello de Cabana,e que o ano pasado foi un éxito sobre todo entre as e os máis peques, levarache de local en local. Os horarios son de 12 a 2 da tarde e de oito a dez da noite, excepto o primeiro día, o 23 de maio, que será só de 20.00 a 22.00 horas.

Os establecimentos que participan, que este ano se incrementaron a 21, son A Barra Bar, o Bodegón O Pescador, o café bar Manaus, as cafetarías Abastos, Embaixador e Xenebra, as cervecerías de Luís, Ágora, Beos Coruña e A Bombonera, os mesóns A Cabana e As Viandas, os restaurantes Brasería Caracola, Casadela, Hórreo, Mesón do Polbo, Xabarín e A de Pako, a taberna O Mexillón, a tasca O Casino e a trattoria Pizzeria Vesuvio. 

Volver atrás