X

XXII Edición da Festa do Congro en Muxía

21/03/2018 - 02/04/2018

Muxía

XXII Edición da Festa do Congro en Muxía

Vixésimo segunda edición da festa gastronómica de exaltación deste peixe mariño, que como cada ano ten lugar na vila mariñeira de Muxía na xornada do Venres Santo. Os asistentes a este evento culinario poderán degustar este delicioso peixe, a prezos populares, elaborado de moi variadas formas; en caldeirada, en empanada, guisado...

A festa, que levará a cabo o venres 30 de Marzo, terá lugar no paseo marítimo baixo carpa a partir das 13.00 horas, e un ano máis congregará por centos de persoas que se achegarán a esta localidade, onde se atopan os últimos secaderos de Congro da Costa da Morte.
Os asistentes tamén poderán gozar no citado paseo coa Mostra de Pintura e Artesanía Local, evento que finalizará o domingo 1 de Abril.

Volver atrás