X

Eventos culturais

Ver Concello


Fiot 26

Fiot 26

“Hai verdades que non poden ser reveladas, máis que a condición de que sexan descubertas”, di Nawal, a protagonista dunha das obras que conforman este FIOT (Incendios, Wajdi Mouawad).

No teatro atopamos un valioso aliado para o descubrimento da condición humana porque pon de manifesto o real e á vez, as súas contradicións, provoca a emoción e inspíranos para soñar e mesmo para actuar. O teatro é unha arma poderosa que, sen ser a realidade, explícaa desde o verosímil dunha ficción e busca a complicidade dos espectadores para recompoñela. Nesta edición poñemos a énfase nestas calidades da realidade e do teatro. Aínda que se nos presente con contundencia, o mundo é distinto ao que semella. Nada é o que parece. Na escena resalta a dualidade ou o carácter poliédrico da realidade, onde se desdebuxan os límites e se mesturan os opostos amor e odio, esperanza e desesperación, medo e valentía, angustia e felicidade…, e se confunden vítimas e verdugos, heroes e covardes…

Rexenerafest 2017

Rexenerafest 2017

Rexenera Fest 2017 será o 3º Festival Internacional de Arte Pública de Carballo.

Esta segunda edición terá lugar do 29 de maio ao 4 de xuño de 2017, na que voltaremos a reunir unha coidada selección de 9 artistas provintes de distintas nacións, que intervirán en nove paredes de grande formato esparexidas polo casco urbán. Os convidados este ano son Curiot (México), Sekone (Galiza), Jorit (Italia), AnimalitoLand (Arxentina), Isaac cordal (Galiza), Cintaidal (Catalunya), Nada (Galiza), Saturno (Catalunya) e Yoseba MP (Galiza).

Premios Fouciño 2017

Premios Fouciño 2017

Este certamen cuenta con un concurso audiovisual de cortometrajess, proyecciones y conciertos, entre los que se encuentran Atrás Tigre y Leo i Arremecaghona.

A lo largo de varios veranos, aproximadamente entre lo 1994 y el 1999, una panda de amigos de Baio se reunía para rodar esceas de la que iba a ser un cortometraje, dada su afición al cine; concretamente, fue un miembro diera grupo de amigos lo que desempeñó todos los roles detrás de la cámara, incluido guión, música original y dirección, y hasta pidió un crédito para el equipo de edición, lo cual consistió en dos equipos de VHS.�

Festiletras 2017

Festiletras 2017

O festival cumpre 35 anos. Unha cifra tremendamente especial que repercutirá no completo menú cultural que prepara a organización. Así, este ano o Festiletras quere vincular a celebración co Centenario de Pondal, para completar así esa lista de 100 actos polos 100 anos do bardo bergantiñán.