X

AdventurÉzaro

Sección en fase de construción. Todos aqueles interesados en formar parte desta guía comercial poden facelo dirixíndose vía enderezo electrónico a : costadamorte2016@gmail.com

Responsable de Comunicación Dixital.
Redes Sociais CMAT.

Ruta en Kaiak pola Fervenza do Ézaro:

Ruta en Kaiak de 1:30 horas ata a Fervenza do Ézaro. A Ruta realízase por ambas caras do Rio Ézaro polos mesmos lugares que os Viquingos reparaban as súas naves xa que no rio Ézaro houbo un astaleiro Viquingo, nun marco incomparable de beleza aos pés do Monte Pindo vive en primeira fila o espectacular salto de 40 mts da Fervenza ao precipitarse directamente ao mar. Ruta Nocturna en Kaiak pola Fervenza do Ézaro: Aproveitando o espectáculo de Iluminación e Sonorización da contorna da Fervenza de Ézaro todolos sabados dende semana santa ata setembro realizamos unha Ruta en Kaiak por toda a súa contorna de 1:15/1:30 horas de duración.

Rutas de Sendeirismo polo Monte Pindo:

Con respecto ao Sendeirismo disponemos de 6 Rutas guiadas polo Monte Pindo para todolos públicos e gustos entre 3 horas e 8 horas de duración. CASTELO DE PEÑAFIEL (3 HORAS):

No cume estivo o castelo de Peñafiel e nas inmediacións hai unha excomunión medieval máis unha cruz templaria labrada na pedra, dende o seu cume podemos disfrutar dunha das mellores postas de sol de toda a costa da morte

Moa con saída e chegada dende o Fieiro (4 horas) Moa con saída e chegada dende o Pindo (6 horas) Circular 4 picos(Castelo Peñafiel-Barquiño-Cova da Xoana e Moa)(8-9 horas)

Camiño das Peixeiras/Portela Ventosa/Castelo de Pañafiel/Fieiro (5 horas)

Castelo de Peñafiel/O Barquiño (5 horas)

 


AdventurÉzaro