X

Museo Man de Camelle

Sección en fase de construción. Todos aqueles interesados en formar parte desta guía comercial poden facelo dirixíndose vía enderezo electrónico a : costadamorte2016@gmail.com

Responsable de Comunicación Dixital.
Redes Sociais CMAT.

O Museo Man de Camelle é de titularidade municipal. Foi inaugurado o 5 de xuño de 2015 e o seu obxectivo principal reside en protexer, conservar e difundir o legado artístico e persoal de Manfred Gnädinger, por todos coñecido como Man.

Emprendeu unha viaxe dende a súa Alemania natal que o trouxo até Camelle, onde ficou para sempre. Era o ano 1961 e tiña vinte e cinco anos. Logo de aproximadamente unha década vivindo nunha casa que lle foi proporcionada, constrúe a súa, de minúsculas dimensións, nunha zona rochosa alonxada do pobo onde come•zou a desenvolver a súa obra vital: o seu xardín - museo.

Pouco a pouco foi desprendéndose da súa aparencia exterior e dando forma ao aspecto que o ía caracterizar para sempre. Decidiu vivir en solitario e e comuñón coa natureza, da forma máis simple posible.

 

Museo Man de Camelle