X

Pedra da Arca (de Cerqueda) (Malpica)

Un anta de dimensións míticas

A Pedra da Arca de Cerqueda é unha das antas de maior tamaño da Costa da Morte. Conserva os restos do enorme túmulo de terra que cubría o dolmen e conta cunha cámara poligonal de sete laxes verticais e un corredor orientado cara o leste,  hoxe apenas perceptible.

A característica máis destacable é  a enorme tampa de cubrición da que só se conserva a metade, pero aínda impresiona polo seu enorme grosor. Na actualidade está desprazada do lugar orixinal e apoiada nos esteos da cámara. Entre 1950 e 1960 foi partida probablemente para ser usada como material de construción e aínda se observa o orificio feito por un barreno naquela época. O peso que se calcula para esta cuberta é de nove toneladas, pero orixinalmente puido chegar ás trece.

A Arca forma parte tamén da extensa necrópole tumular de Cerqueda, da que se poden ver varias mámoas próximas.

Neste dolmen recolleuse a tradicional lenda que atribúe a súa construción a unha moura que transportou as pedras na cabeza mentres fiaba cunha roca e dáballe de mamar a un neno.


haz click en las fotos para abrir el carrusel de imágenes