X

Pedra Moura de Aldemunde (Carballo)

O dolmen que chegou voando

O nome da Pedra Moura evoca a existencia de lendas de seres fantásticos neste dolmen. En concreto os máis vellos contan que as súas pedras foron transportadas por unha moura desde o Petón de Calvelo mentres ía fiando nunha roca e daba de mamar a un neno.

Localizada nunha leira a prado, trátase dunha anta monumental, aínda que bastante alterada. Non quedan por exemplo evidencias do túmulo de terra que a cubría orixinalmente, probablemente debido aos continuos traballos agrícolas, pero as sete lousas verticais que conserva aínda evidencian o seu grande tamaño.

Ten tamén a particularidade de non contar aparentemente con corredor de entrada, como é o caso da maioría dos dolmens coñecidos na Costa da Morte. Senón só cunha cámara de forma poligonal.


haz click en las fotos para abrir el carrusel de imágenes