X

Pedra Vixía (Zas)

O vixía do bosque

No medio dun piñeiral e case oculto pola vexetación está o dolmen de Pedra Vixía. Moi pretiño a só 300 metros localízase a coñecida área recreativa do mesmo nome situada ao carón do río de Zas.

Trátase dun dolmen de cámara e corredor de grandes dimensións que se atopa hoxe en día bastante alterado pois boa parte das súas lousas, tanto de cubrición como verticais, foron movidas. O causante semella que foi un veciño de Lamas que na década de 1950 quixo empregar as pedras da cuberta da anta para a súa casa.

Con todo, o megálito aínda conserva boa parte da súa estrutura megalítica con 7 lousas verticais de granito, que formarían unha cámara poligonal, case circular. A de maior tamaño acada 2 metros de alto e 1,30 metros de ancho. Estamos por tanto ante un dolmen aínda verdadeiramente monumental.


haz click en las fotos para abrir el carrusel de imágenes