X

A CMAT valorará a aplicación da marca SICTED para a #CostadaMorte.

A CMAT valorará a aplicación da marca SICTED para a #CostadaMorte.

O Concello de Laxe fixo chegar á CMAT, unha proposta de implantación da marca de calidade SICTED no xeodestino # CostadaMorte. Trátase dun proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo, co apoio da FEMP e que traballa con empresas e servizos turísticos. Amplamente recoñecido a nivel estatal, ningún xeodestino galego conta coa adhesión SICTED. O proxecto é susceptible de ser valorado economicamente e presentado para subvención íntegra por parte da Axencia de Turismo de Galicia ou a Deputación da Coruña. O sistema SICTED está baseado na conciencia integral do destino, por medio da identificación de obxectivos comúns. Entre os seus beneficios, o acceso a plans de formación, asistencia técnica, talleres colectivos, grupos de traballo e avaliacións. Todo iso podería redundar no distintivo Compromiso de Calidade Turística.