X

A CMAT viaxa a Rimini para a promoción da #CostadaMorte

A CMAT viaxa a Rimini para a promoción da #CostadaMorte

A 54 edición da feira internacional de turismo TTG Incontri iniciouse o pasado fin de semana na cidade balneario italiana de Rimini coa presenza de máis de dous mil expositores, 70 mil operadores profesionais e un milleiro de compradores de 85 países.

Pablo Canosa, como representante da CMAT, trasladouse á cidade italiana para dar conta de todos os produtos e paquetes turísticos que se ofrecen desde o xeodestino #CostadaMorte. No marco da mostra de tres días, desenvolvéronse simultaneamente os salóns SIA GUEST, dedicado ao sector hostaleiro, e SUN, centrado en espazos abertos como o campismo, cunha variada oferta de exposicións, seminarios e conferencias, ademais das negociacións e firma de convenios. Máis de 300 actividades integraron o programa da feira en tres áreas temáticas e sectores: Global Village (aldea global), The World (o mundo) e TTI Travel Trade Italia.. Para a xornada inaugural iniciouse cunha conferencia sobre "O márketing como recurso dixital para a pequena empresa", outra sobre "Solucións para mellorar a acollida dos hóspedes" e un seminario sobre "A promoción da comercialización en liña do hotel: campañas e estratexias operativas".O evento prestou atención especial nesta ocasión ao futuro e a innovación no sector turístico mediante a introdución de adiantos tecnolóxicos, a creatividade e as novas ofertas de produtos e servizos a través de márketing dixital e as redes sociais. TTG Incontri é unha das dúas principais feiras anuais italianas do seu tipo, xunto á Bolsa Internacional de Turismo (BIT) de Milán.


Arquivado en:

Novas