X

``A Conservería de 1884´´ a Tenda Museo do Grupo Cerdeimar renova horario e reforza o seu cadro de persoal para seguir sendo líder en Turismo Industrial.

13/06/2019

``A Conservería de 1884´´ a Tenda Museo do Grupo Cerdeimar renova horario e reforza o seu cadro de persoal para seguir sendo líder en Turismo Industrial.

Con motivo do cambio de horario da Tenda Museo do Grupo Cerdeimar convidámolos a descubrir este establecemento pioneiro en Galicia. De martes a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e os sábados en horario de mañá ofrecemos aos nosos visitantes a posibilidade de descubrir como era nosa fábrica nos seus inicios. Ademais contamos con mobiliario e elementos da época na que se forxou a industria conserveira.

Este museo engade valor as nosas xa tradicionais visitas guiadas, que mergullan aos invitados no día a día das nosas plantas de produción. Así mesmo, somos conscientes de que ofrecemos bos produtos de calidade polo que tamén contamos cunha sala de degustacións cunha capacidade máxima de 50 persoas. A través desta iniciativa podemos coñecer o presente, o pasado e o futuro da industria coa nosa nova responsable de comunicación.

Para o Grupo Cerdeimar a tenda Museo significa converter as nosas instalacións nun punto de referencia para o coñecemento da industria conserveira grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través dos proxectos Galp Costa da Morte promovidos pola Consellería do Mar. 

Ademais este proxecto da Conservería pretende ser o eixo central a traves do cal pivote a nosa estratexia de comunicación tanto interna como externa. Proximamente potenciaremos a nosa web, tenda online e redes sociais.

A nosa orixe parte de 1884 cando Andrés Cerdeiras Pose constituíu Salgaduras Cerdeiras. Desde entón e xeración tras xeración non cesamos de engadir valor aos nosos produtos e marcas, sorteando así, con acerto, calidade e innovación os vaivéns dun mercado cada vez máis global e esixente.

Descargar folleto