X

A Deputación licita obras de mellora en estradas na Costa da Morte por importe de 1,5 millóns de euros

A Deputación licita obras de mellora en estradas na Costa da Morte por importe de 1,5 millóns de euros

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación de catro obras de mellora en distintas vías da rede provincial de estradas ao seu paso polos concellos de Dumbría, Coristanco, Laxe, Zas, Malpica e Ponteceso que suporán un investimento global de máis de 1,5 millóns de euros. 

 

 

Entre as obras que agora saen a licitación destaca o proxecto de mellora da seguridade vial da DP 3404 ao seu paso polo núcleo de Olveira, no termo nunicipal de Dumbría, onde se levará a cabo a ampliación da plataforma ata os 9 metros e a construción dunha senda peonil que suporá un investimento de 462.313,24 euros.

O núcleo de Olveira ten unha afluencia de visitantes moi importante, sobre todo nos meses de verán, debido a que por el discorre o Camiño de Fisterra-Muxía. Así mesmo, a DP-3404 é frecuentemente utilizada polos peregrinos para acceder á ermida de Santa Lucía. Tamén se trata dun vial moi transitado polos veciños, posto que o núcleo de Olveiroa se estende a ambas marxes da vía.