X

A Mostra do Encaixe de Camariñas 2018 incluirá cine e fotografía para promover a igualdade.

A Mostra do Encaixe de Camariñas 2018 incluirá cine e fotografía para promover a igualdade.

A Mostra do Encaixe de Camariñas oferta un amplo abanico de actividades que se desenvolverá entre o 28 de marzo e o 1 de abril e que abarca desde os tradicionais encontros de encaxeiras e desfiles de deseñadores internacionais, ata obras de teatro, cinema e concertos diarios. Ademais, este ano, a feira amplía as súas instalacións e contará con carpas exteriores e zona de food trucks. Entre a oferta da Mostra destacan importantes desfiles de moda, nos que participarán máis de 18 deseñadores internacionais e promesas da costura, mesturando, nos seus deseños, a tradición encajera coas tendencias actuais.

 

 

Ademais, nesta edición o cinema e o encaixe danse a man, promovendo a igualdade de xénero coa proxección de películas dirixidas por mulleres. Así, na Mostra do Encaixe 2018 proxectaranse dúas películas españolas e un documental norteamericano. Despois de cada pase, iniciarase un diálogo que fará incapié na igualdade a través do patrimonio cinematográfico e cultural. As obras elixidas son:

 

Fíos Fóra: este documental fai un nobelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. Este documental de 90 minutos foi guionizado e dirixido por Adriana P. Villanueva e Sabela Igrexas. Ambas participarán no debate posterior ao pase ao que se sumará unha histórica palilleira de Camariñas.

 

O lugar dos amorodos: é unha película italo-española dirixida por Maite Vitoria Daneris. Lina é unha anciá campesiña do norte de Italia. As súas costas está curvada e mira cara á terra. Cada mañá, ao alba, chega ao mercado ao aire libre máis grande de Europa, Porta Palazzo, no centro de Turín, onde vende a súa verdura e os seus amorodos. A vida de Lina é, como ela di... “casa, igrexa e traballo “.

 

The first Monday in May: é a terceira película que se exhibirá nesta Mostra e que pechará os debates. Este documental é unha mirada sen precedentes aos bastidores de dous dos eventos culturais máis importantes de Nova York que trata sobre a creación de China: Through The Looking Glass, a exposición de moda máis visitada da historia de The Costume Institute no Metropolitan de NY e sobre a Gala MET 2015.

 

Previo ao acto de inauguración, e o día 28 pola mañá, levará a cabo un exclusivo encontro coa colaboración da Asociación de Profesionais de Fotografía da Coruña que dará a oportunidade, a un máximo de 20 fotógrafos asociados, de retratar en primicia as creacións das reputadas deseñadoras presentes na Mostra Sara Lage, Dores Cortés e Débora Velasquez, coas que, ademais, poderán charlar sobre a fotografía no mundo da moda.

 

Arquivado en:

Novas