X

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

12/07/2024

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico territorio para gozar das vacacións. Para facer o tempo de verán máis ameno, queremos compartir algúns dos programas de actividades de verán na Costa da Morte que os 17 concellos do xeodestino teñen preparados para os meses de xullo, agosto e setembro. Imos?

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

A Laracha

A Laracha ten un epicentro durante o verán: Caión. Esta vila adéntrase no Atlántico dun xeito único e conta cunha praia perfecta para os días de verán. Actualmente en Caión está dispoñible a exposición «Auga, o sangue da Terra» no Centro Sociocomunitario. Pero este municipio tamén conta con lugares menos coñecidos pero igual de impresionantes, como Miradoiro de Santa Marta, perfecto se che gusta ver as estrelas pola noite.

Cabana de Bergantiños

En Cabana de Bergantiños o verán vén cargado tamén de cultura, con eventos como os «Concertos con encanto», e «Castro animado» en Borneiro ou a tradicional Foliada Farrapeira de Cesullas. Tamén haberá tempo para visitas teatralizadas ao Dolmen de Dombate cos Quinquilláns e visitas guiadas nocturnas. https://www.visitacostadamorte.com/ga/axenda/veran-cultural-cabana-2024

Camariñas

Se hai un concello con natureza salvaxe na Costa da Morte ese é Camariñas. Polo que dentro do teu programa de actividades de verán na Costa da Morte ten que estar unha visita a este municipio. Se non tes moitas ideas e necesitas inspiración, o Concello acaba de renovar as súas guías turísticas interactivas, polo que podes consultar os mellores plans nelas.

Carballo

Carballo, ademais de ser un concello con moita poboación, acumula unha interesante proposta de actividades durante os meses de verán. En primeiro lugar, o Concello presentou o «Verán Cultural», unha serie de actividades que se mergullan no mar da cultura galega cunha programación chea de calidade.

Por outra banda, o Concello tamén organiza unha serie de rutas e visitas nocturnas para dar a coñecer o municipio e para potenciar o astroturismo na zona. Non te perdas un só dos moitos plans de Carballo: https://carballo.org/axenda.php?idioma=gl&sec=31#info

Carnota

O Concello de Carnota presentou o seu programa de verán 2024 e está repleto de actividades lúdicas, culturais e deportivas. Cine na rúa, rutas nocturnas, visitas guiadas, teatro, actividades deportivas e moito máis espera neste fabuloso recuncho do sur da Costa da Morte. Consulta as actividades de verán 2024 de Carnota: https://www.visitacostadamorte.com/ga/axenda/programa-cultural-veran-carnota-2024

Cee

Outro dos concellos da Costa da Morte que comeza o verán cun amplo cartel de actividades de todo tipo para estes meses. Teatro, conferencias, festas, cine de rúa, encontros musicais e concertos son algunhas das propostas que enchen o programa de verán deste municipio. https://cee.gal/es/actualidade/verancultural2024/10781/

Corcubión

No caso de Corcubión, durante os meses de xullo e agosto, haberá unha serie de visitas guiadas gratuítas polo Concello que axudarán a coñecer mellor unha vila que ten moita historia. Consulta toda a información: https://www.visitacostadamorte.com/ga/axenda/visitas-guiadas-corcubion-verano-2024-gal

Coristanco

Coristanco, o verxel de Bergantiños ten unha sorpresa que medra máis verde que nunca cada verán: o Refuxio de Verdes. Este recuncho natural sitúase á beira do río Anllóns e é un paraxe único para vivir un día de verán eterno en Coristanco. En canto ás activiadades, podes consultar a web do Concello: https://www.coristanco.gal/

Dumbría

Dumbría tamén ten unha chea de eventos preparados para este ano 2024. En primeiro lugar, o verán comezou iluminando a Fervenza do Ézaro. Esta iniciativa estará activa os venres, sábados e vésperas de festivos de 22:30 a 00:30 horas. Por outra banda, o 21 de xullo celébrase a tradicional Festa da Familia na Carballeira de Berdeogas, na súa vixésimosegunda edición. Aquí podes estar ao corrente das novas actividades que vaian xurdindo: https://www.dumbria.com/novas

Fisterra

Que dicir da fin do mundo… Case comentaríamos que o mellor plan aquí pode ser calquera. Visitar as súas salvaxes praias, camiñar polos seus sendeiros naturais. Degustar a súa gastronomía en calquera dos restaurantes da vila. E, falando de gastronomía, o plan que non te podes perder en Fisterra este verán é a Festa do Longueirón, que se celebra o primeiro fin de semana de agosto.

Laxe

O Concello de Laxe impulsa unha completa programación de actividades para todos os públicos para a presente tempada estival. Así, durante os meses de xullo e agosto, Laxe encherase de eventos moi especiais: campeonatos deportivos como o Campionato Galego de Surf na praia de Soesto do 9 ao 11 de agosto, festivais de música, cine familiar, obradoiros e mercados. Aquí máis información: https://www.visitacostadamorte.com/ga/axenda/programacion-cultural-veran-laxe-2024

Malpica

O Concello de Malpica de Bergantiños, xunto coas asociacións, presentou o seu amplo e variado programa de actividades para o verán 2024, deseñado para todas as idades e intereses. O programa inclúe actividades culturais, deportivas e de lecer que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto, promovendo a participación cidadá e o goce do tempo libre. Podes consultar o programa aquí: https://www.visitacostadamorte.com/ga/axenda/veran-malpica-2024-gal

Mazaricos

Mazaricos innaugura o seu verán con teatro, deporte e moita música, como o concerto de Lucía Pérez ou o Festival de Baile e Música Tradicional Tinxideira en Chacín. Pero esta época do ano tamén favorece o gran atractivo deste municipio: as súas fervenzas. Fervenzas como a de Gosolfre, no corazón dunha fermosa carballeira. Descobre máis sobre o que este municipio ofrece: http://www.mazaricos.gal/

Muxía

A combinación de Muxía e verán resulta sempre en moita festa, cultura e tradicións. E é que esta época do ano tamén é para celebrar. Desde as festas do Socorro de Vilastose Senande, o Carme de Moraime e o de Muxía en xullo pasando polo XVI Mercado Rutas do Mar en agosto. Pero se dunha festa non nos podemos esquecer en Muxía é da que pecha o verán: a Romaría da Virxe da Barca, que normalmente é o segundo domingo de setembro pero este ano, por caer ese domingo en día 8, pásase ao día 15. Xa di o dito: «A romaría da Barca non baixa de nove nin sube de quince».

Ponteceso

O verán de Ponteceso ábrese en Corme, coa súa famosa Festa do Percebe. Pero o verán tamén ten propostas culturais interesantes. O sábado 20 de xullo, o mago Dani García ofrecerá un espectáculo de maxia na Praza do Relleno. Ademais, o 28 de xullo terá lugar un certame de pintura ao aire libre. Segue as novas actividades promovidas polo Concello no seu Facebook: https://www.facebook.com/concello.deponteceso

Vimianzo

No caso de Vimianzo, o verán vai moito máis aló do famoso Asalto ao Castelo. O Concello ten preparadas numerosas actividades dentro do programa «Vimiansol 2024». Tamén estarán dispoñibles visitas teatralizadas e artesanía viva no seu impoñente Castelo. Estas son as propostas da capital de Soneira para o verán: https://www.vimianzo.gal/axenda.php?sec=202&idioma=gl

Zas

Tamén en Zas arrancou o programa «Verán en Zas»; un completo cartel de ocio e tempo libre deseñado polo Concello de Zas, a través do seus departamentos de Turismo, Cultura e Deportes, no que haberá actividades para toda a veciñanza e en distintas localizacións do municipio. https://www.visitacostadamorte.com/ga/axenda/veran-zas-2024-gal

Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe: Comparte os teus Momentos na Costa da Morte

O verán é unha época que invita a sacer fotos para encher o noso móbil de recordos. Aproveitando isto, puxemos en marcha ata o 30 de outubro un concurso fotográfico en Instagram no que premiaremos as mellores imaxes dos vosos recordos na Costa da Morte.

O Concurso fotográfico «Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe» está aberto a calquera persoa que queira compartir con nós a súa mirada sobre o noso territorio. Podes consultar as bases nesta ligazón: https://www.visitacostadamorte.com/ga/cmat/bases-legales-concurso-naturalmente-salvaxe-2024

O teu Verán Perfecto na Costa da Morte

Desde Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) queremos seguir mellorando a calidade turística deste fermoso territorio que é a Costa da Morte. Por iso nos encantaría que, se non te queres perder ningún plan durante o tempo que pases aquí, nos sigas nas nosas redes sociais. Este verán goza da Costa da Morte, o noso paraíso naturalmente salvaxe!

 

Arquivado en:

Novas