X

Asalto ao Castelo

Asalto ao Castelo

O Asalto naceu, hai xa 22 anos como un acto de rebeldía espontáneo por parte dun grupo de rapaz@s de AXVALSO, molestos polo trato que recibiran "dos que poden". De maneira pacífica e alegre improvisaron unha noite de protestas diante do Castelo.
Orgullosos do seu defensa -e ataque- foron máis aló e institucionalizaron o acto. Nace o Asalto por aquelas datas o "Asalto". A falta de respaldo por parte "dos que pensan por e para todos" lle dou aínda máis sentido aos inicios da festa: supoñía unha reivindicación irmandiña e local ante o emblema do municipio, as torres de Martelo.
Co paso dos anos, o Asalto logra o seu asentamento, pero o tempo mina as enerxías das persoas que se moven nestes labores. As xeracións esgotan e tenden a man a outras mans solidarias e amigas que son conscientes do valor da festa e das xentes que a imaxinaron e trouxérona ata o presente continúa desde o 2010 a traballar no Asalto.
Respectando o espírito orixinal e cun municipio xa rendido aos encantos e sentido da festa, preténdeselle dar ánimo a novas manifestacións artísticas que se somen ao repertorio clásico composto por teatro, música e gastronomía. Certo é tamén que edición a edición téntanse corrixir todos os problemas motivados pola maior afluencia de xente. En todo caso, é loita constante para tentar levar o Asalto nas mellores condicións ao futuro e atopar alí outras mans solidarias e amigas.
En resumo, co Asalto asistimos a unha mirada no tempo: entre a historia irmandiña e nós, entre as pedras monumentais e nós, entre nós e o futuro.

Arquivado en:

Festas e ferias