X

As bolsas da Fundación Torre – Pujales para artistas plásticos constitúen un elemento fundamental na difusión cultural da Costa da Morte

16/10/2020

As bolsas da Fundación Torre – Pujales para artistas plásticos constitúen un elemento fundamental na difusión cultural da Costa da Morte

A Fundación Torre – Pujales, entidade sen ánimo de lucro declarada de interese cultural tanto galego como nacional, ofrece bolsas de estudo a artistas plásticos de todo o mundo. Trátase dunha iniciativa que busca visibilizar a cultura da Costa da Morte a través dos e das artistas que chegan á vila de Corme (Ponteceso), onde está situada tanto a Fundación como o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (MACCMO), estreitamente ligado a ela.

A Fundación foi creada en torno ao legado artístico do pintor coruñés Julio Pujales, cuxa obra se atopa actualmente no MACCMO. Cristina Torre, muller do pintor, fundouna tras a morte do mesmo para o recoñecemento e difusión da súa obra pero tamén como punto de encontro cultural na Costa da Morte. Con esta iniciativa buscaba constituír unha canle a través da cal proxectar internacionalmente a cultura da zona e mellorar con isto a oferta turística da mesma.

Con esta meta no punto de mira, a Fundación creou unha carteira de bolsas que xa teñen desfrutado máis de 50 artistas plásticos de países como Francia, Suiza, Alemania, Italia, Rusia, Holanda, EE.UU, Arxentina, Brasil… Son estes/as artistas os que, tras rematar a súa estancia no piso-estudo e volver ao seu país, se converten en verdadeiros embaixadores da Costa da Morte, da súa cultura e arte.

Unha vez máis obsérvase como a dualidade tradición – modernidade está moi presente na Costa da Morte. Unha e outra combínanse á perfección para ofrecer ao viaxeiro unha experiencia única, que o somerxe nunha terra con carácter propio, chea de forza. Así, na vila mariñeira de Corme podemos atopar a Fundación Torre – Pujales, xerme do Museo Contemporáneo da Costa da Morte (MACCMO).

 

Fotografía de https://www.turismo.gal/ 

Arquivado en:

Novas