X

"Camariñas, o mar todo" feira raíña do mes de agosto na Costa da Morte

"Camariñas, o mar todo" feira raíña do mes de agosto na Costa da Morte

Do 17 ao 19 de agosto en Camariñas poderemos gozar do turismo, pesca, gastronomía, cultura, etnografía, música, artesanía... na Feira Mariñeira «Camariñas, o mar todo», que ademais estrea imaxe e trae novidades. Foi presentada onte polo alcalde, Manuel Valeriano Alonso, e polas edilas María José Gerpe e Sandra Insua. A proposta, á que o Concello quixo darlle un impulso, aspira a ser un referente para toda Galicia.
«Camariñas, o mar todo» nace a partir de «Expo Ría». Quérese multiplicar o seu alcance, implicando a todos os veciños e dando vida pois a un certame «poliédrico» que incluirá todos os aspectos que rodean o mar, fonte de vida neste municipio que é corazón da Costa da Morte. Ao amparo desta Feira, por exemplo, o Concello fará entrega dos premios Mar de Camariñas, para persoas e institucións con traxectorias acreditadas neste ámbito. Serán tres xornadas de múltiple actividade: degustacións, exposición e venda de artesanía, música en directo, danza, talleres para nenos, charlas de divulgación etnográfica, rutas mariñeiras...

  Descargar programa

Arquivado en:

Festas e ferias Festas e gastronomía