X

Candidatura Costa da Morte Reserva Mundial do Surf

28/03/2019

Candidatura Costa da Morte Reserva Mundial do Surf

Con motivo da candidatura de Carballo Reserva Mundial do Surf, a CMAT  asistiu o xoves 28 de abril á presentación da candidatura. A Deputación da Coruña xunto co tecido empresarial e a comunidade surfeira da comarca, son os promotores da candidatura. O punto central do proxecto é a praia de Razo, que xunto con outras nove praias tentará converterse na primeira reserva mundial do surf en España.

Esta certificación é concedida pola organización Save The Waves, unha asociación sen ánimo de lucro adicada a protexer os recursos litorais. Save The Waves concede anualmente dende 2009 a certificación de Reserva Mundial do Surf. A día de hoxe forman parte desta figura as reservas de club Noosa, Gold Coast e Manly Beach (en Australia), Punta Borinquer (Puerto Rico), Guarda do Embarú (Brasil), Punta de Lobos (Chile) Bahía de Todos Santos e Baja (México), Huanchaco (Perú), Santa Cruz e Malibú (California) e Ericeira (Portugal).

 

Noticia "Que pasa na costa"

Arquivado en:

NOVAS DE INTERESE