X

Cata de Queixos no Museo do Mar de Laxe

Cata de Queixos no Museo do Mar de Laxe

O venres 16 de febreiro ás 19.00 horas, o Museo do Mar de Laxe acolle unha cata de queixos de Galicia. Para falarnoss obre este asunto, contaremos coa dirección de Óscar Pérez Ramil, Secretario-Xerendteo Consello Regulador denominación de Orixe Protexida( CRDOP) Arzúa-Ulloa.  A actividade é de balde para o público, e está orientada a tódalas persoas interesadas en coñecer máis sobre a producción deste produto gastronómico.

A cata forma parte do proxecto de desestacionalización do turismo reLAXEse 2018, organizado pola Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, en colaboraciónco a DeputaciónP rovincial de A Coruña.