X

Cemiterio de Cores

Cemiterio de Cores

É o segundo cemiterio municipal de Dumbría e está xunto ao tanatorio de titularidade municipal. Este cemiterio é de estilo neoplasticista e rompe coa idea tradicional de cemiterio, grises e tristes de seu. Polos seus trazos, é popularmente coñecido como o "Cemiterio de Cores".
É o cemiterio máis rechamante da Costa da Morte. As súas obras de construción foron terminadas en 2.012. É obra da arquitecta Rosana Pichel, a mesma que deseñou o albergue de peregrinos de Ou Conco e outras instalacións municipais.
Pode definirse como unha necrópole neoplasticista, nome do estilo creado a principios do século pasado polo pintor holandés Piet Mondrian, cuxos cadrados estaban cheos de liñas cruzadas en horizontal e vertical, con cores moi vivas en cada segmento. Tamén destacan as cubertas, que tratan de imitar, ao seu modo, as árbores que rodean o lugar, en Estimán.