Cineuropa e o Concello de Muxía estrean un documental sobre os percebeiros do Prestige.
"Entre a Onda e a Rocha" é un documental que relata a partir de seguir as vidas de varios percebeiros na tempada do nadal, indaga na relación entre o home e o mar, o home e a súa contorna. Anos despois do afundimento do Prestige, móstrase un reflexo de persoas que viven ao limite, en constante adaptación ao perigo, tanto económico, como vital.