X

CMAT pon a disposición dos visitantes un novo Mapa Turístico da Costa da Morte que sinala máis de 150 lugares de interese nos 17 concellos do territorio

CMAT pon a disposición dos visitantes un novo Mapa Turístico da Costa da Morte que sinala máis de 150 lugares de interese nos 17 concellos do territorio

Costa da Morte Asociación Turística deseña tres roteiros para poñer en valor e dar a coñecer a riqueza megalítica do xeodestino.

As campañas sobre turismo familiar, patrimomio xeolóxico, megalitismo ou astroturismo foron impulsadas a través do convenio suscrito con Turismo de Galicia.

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) xa ten a disposición dos visitantes e interesados en coñecer o destino o novo Mapa Turístico da Costa da Morte, que sinala máis de 150 lugares de interese nos 17 concellos que integran este territorio. CMAT, que xa leva semanas traballando na planificación das actividades de promoción turística para 2023, tamén deseñou tres novos roteiros no xeodestino para dar a coñecer e poñer en valor a súa riqueza megalítica. A asociación que preside Mónica Rodríguez e que representa ao ecosistema público e privado do sector turístico da Costa da Morte aposta polo megalistismo como un dos seus eixos reflexado no Plan Estratéxico de Turismo da Costa da Morte, executado co apoio dun convenio suscrito con Turismo de Galicia, entidade dependente da Xunta de Galicia.

O novo Mapa Turístico da Costa da Morte pode ser descargado na web da CMAT visitacostadamorte, na pestana: CMAT/Descarga as nosas guías. Costa da Morte Asociación Turística, poñendo en execución o convenio firmado con Turismo de Galicia. A CMAT traballou cos 17 concellos que integran o territorio (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas) e con APTCM no deseño e elaboración do mapa. Adaptou a imaxe de marca e puxo en valor os resultados dos traballos feitos nas campañas temáticas desta anualidade, sinalizando praias de surf e arenais salvaxes, roteiros para coñecer monumentos megalíticos e lugares onde poder realizar nas mellores condicións a observación do ceo nocturno e das estrelas, entre outros moitos lugares de interese.

As empresas que forman parte de APTCM

O novo Mapa Turístico da Costa da Morte tamén incorpora ás empresas que forman parte da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), entidade que representa a iniciativa turística privada. CMAT confía en que durante 2023 APTCM, que preside Pepe Formoso, rexistre un incremento “considerable” de socios, dada a aposta polo asociacionismo no sector e a cooperación público-privada na estratexia de desenvolvemento do territorio.

O convenio de colaboración con Turismo de Galicia, rubricado por Nava Castro e Mónica Rodríguez, permitiu executar e impulsar productos turísticos prioritarios reflexados no Plan Estratéxico de Turismo da Costa da Morte. Consolidou, por exemplo, o produto  Naturalmente Salvaxe a través de campañas de promoción das praias para a práctica do surf e os arenais máis salvaxes, dos mellores lugares para a observación do astroturismo e o ceo nocturno e os lugares de maior valor xeolóxico.

No eido do patrimonio megalítico, a CMAT lanzou unha campaña para poñer en valor os recursos de maior interese turístico e cultural, incluíndo algúns que cun mínimo investimento para mellorar o seu acceso e sinalización, contribuirán a dotar de máis contidos os produtos turísticos de Tradicional e profunda e Máxica e espiritual. Costa da Morte Asociación Turística realizou unha análise e un estudo de campo dos monumentos megalísticos do territorio con expertos e profesionais da materia. Este traballo permitiu deseñar tres rutas polo xeodestino. Os tres novos itinerarios, que poden ser consultados na web da CMAT visitacostadamorte, son a Ruta dos Menhires, Polos dolmens de Soneira e Bergantiños e Ruta do Corredor Megalítico. O primeiro propón un percorrido por Marco da Anta, Pedra da Moura, Pedra da Arca e Fuso da Moura. O segundo roteiro plantexa a visita a Pedra Vixía, Dolmen de Dombate, A Fornela dos Mouros, Mina de Recesinde, Arquiña de Vilaseco e Casota de Freáns. E o roteiro do Corredor Megalítico percorre Pedra Cuberta, Pedra Moura, Pedra de Lebre, Arca da Piosa, Arca do Rabós, Pedra da Arca e A Mina de Parxubeira. Estes traxectos tamén poden coñecerse nas redes sociais de Costa da Morte Asociación Turística de Instagram, Facebook e Twitter.

Durante o 2022 e por segundo ano consecutivo, a CMAT tamén de desenvolveu a campaña de Costa da Morte en familia. Dúas familias blogueiras (Escapalancia e Tres hermanas y una monovolumen) visitaron o destino nos meses de setembro e outubro. Percorreron o 100% do territorio e viviron as mellores experiencias adaptadas a este segmento. Todos os servizos turísticos empregados polas familias foron seleccionados entre as empresas socias de APTCM, co fin de visibilizar o sector e ir traballando na creación de produtos comercializables esepcialmente dirixidos ás familias e ao turismo de proximidade.

Posicionamento de marca nos diferentes mercados

Costa da Morte Asociación Turística, también ao longo de 2022, deseñou novos elementos de merchandising para mellorar o seu posicionamento de marca tanto no territorio coma nos mercados exteriores, xa que serán levadas as principais feiras ou eventos turísticos aos que acuda a CMAT, sempre da man da Deputación da Coruña e de Turismo de Galicia. Moito desde material serviu para promocionar as campañas Naturalmente salvaxe, Ven a ver as estrelas ao Fin do Mundo, Surf nas praias salvaxes ou Pegadas dos nosos antepasados. Para mellorar a calidade das publicacións de promoción turística nos medios online, CMAT asumiu a renovación de imaxes e do material audiovisual para a promoción nas redes sociais e outras canles. O primeiro vídeo editado, que pretende promover o turismo de inverno, foi presentado no II Encontro de Turismo da Costa da Morte, celebrado o pasado 29 de novembro en Caión. Esta xornada, cofinanciada tamén gracias ao convenio con Turismo de Galicia, xirou sobre os traballos desenvolvidos pola CMAT para a obtención do certificado Destino Turístico Starlight.

Arquivado en:

Novas