X

Comezan as inscricións para a VIII Feira Artesanal de Vimianzo

Comezan as inscricións para a VIII Feira Artesanal de Vimianzo

A artesanía galega ten unha importante cita en Vimianzo o sábado 7 de xullo. Durante todo o día os postos de produtos artesanais e ecolóxicos complementarán a oferta lúdica de actividades, música e celebración nas rúas da vila, alén da Mostra de Artesanía ao Vivo que se poderá ver a pleno rendemento no interior do castelo. 

O prazo para apuntarse como feirante xa está aberto e remata o xoves 5 de xullo. Cómpre lembrar que na VIII Feira Artesanal non se poden vender produtos destinados a seren consumidos durante a propia feira. Outro elemento imprescindible a ter en conta é que se debe ambientar o posto ao estilo do medievo e tamén ir vestidos da época. 

Para participar, débense aboar 20€ por cada tramo de 3 metros de posto en concepto de fianza. A metade dos cartos ingresados seranlle devoltos no caso da súa asistencia á feira, mentres que a outra metade servirá como fondo para a colaboración coa festa. Para inscribirse débese cubrir un formulario descargable da páxina web da festa www.asaltoaocastelo.org, onde tamén se poden consultar as bases.