X

Conferencia do escritor e historiador Xosé María Lema Suárez

20/10/2017

Conferencia do escritor e historiador Xosé María Lema Suárez

O sábado 21 de octubre ás 19.00 horas no Museo do Mar de Laxe, Xosé María Lema Suárez impartirá unha conferencia titulada “Os Penedos: pasado, presente e futuro”.

O proxecto turístico relaxese 2017 adica o mes de outubro a poñer en valor o turismo arqueolóxico, entendido este como unha tipoloxía de turismo alternativo ó turismo cultural, que se centra fundamentalmente na conservación e divulgación dos xacementos arqueolóxicos.

Un dos principais atributos que pretende promover a Concellería de Turismo de Laxe para a divulgación desta modalidade turística, é o xacemento dos Penedos de Pasarela e Traba, xa oficialmente Declarados Paisaxe Protexida no ano 2009.

Con este motivo, Xosé María Lema Suárez, coautor da guía dos Penedos de Pasarela e Traba, ofreceranos unha conferencia, aberta a tódolos públicos, coa que se dará a coñecer o extraodinario encanto e potencial desta Paisaxe Protexida.

Arquivado en:

Novas