X

Conxunto histórico artístico de Cereixo

As Torres de Cereixo datan do século XVII e un dos seus primeiros donos foi Pedro Calo de Carantoña e Montenegro. Actualmente son de propiedade privada. Trátase dunha edificación á que se accede por unha porta de arco semicircular, encima da cal aparece unha gran pedra de armas coa M de Montenegro e os símbolos das familias Novoa, Bermúdez, Castro de Lemos, Soutomaior, Mendoza e Vilamarín. Nos tres escudos situados na parte lateral deste edificio pódense contemplar a cabeza de lobo dos Moscoso, as mans de Carantoña, o piñeiro dos Caamaño e a torre de Guisamonde.

En canto á Igrexa, trátase dun fermoso templo románico de reducidas dimensións, levantado no século XII, no que destaca, na fachada lateral, a representación pétrea do traslado en barca do Apóstolo Santiago, a máis antiga destas características que se coñece.

+información