X

Costa da Morte Asociación Turística organiza o próximo 29 de novembro en Caión o II Encontro de Turismo Costa da Morte

Costa da Morte Asociación Turística organiza o próximo 29 de novembro en Caión o II Encontro de Turismo Costa da Morte

A presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, destaca o obxectivo de que esta cita de todos os protagonistas do sector se institucionalice e se celebre cada ano nun concello diferente do territorio do xeodestino.

CMAT celebrou en Vimianzo a última asemblea de socios do 2022, onde fixo balance do ano e definiu as estratexias para o próximo exercicio.

A asociación seguirá apostando pola distribución equilibrada dos fluxos turísticos, a especialización da oferta e a desestacionalización da demanda.

Costa da Morte Asociación Turística traballa na actualización do Mapa Turístico da Costa da Morte, que estará listo antes de que remate o ano.

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), que preside Mónica Rodríguez, celebrou onte na Casa da Cultura de Vimianzo a última asemblea de socios do ano 2022, onde fixo balance do “intenso” traballo desenvolvido durante o presente exercicio e deseñou as liñas básicas da estratexia turística para o 2023. CMAT está agora inmersa na organización do II Encontro de Turismo da Costa da Morte, que terá lugar na localidade de Caión (A Laracha) o próximo martes, 29 de novembro. “É unha cita anual que queremos institucionalizar e que debe servir para intercambiar ideas e proxectos e para mostrar a potencial do sector turístico do xeodestino”, apuntou a presidenta da CMAT, quen anunció que o obxectivo é celebrala cada ano nun concello diferente.

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu a última asemblea deste ano da CMAT, que representa os intereses turísticos do concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas, ademais da asociación de empresarios turísticos de Costa da Morte (APTCM). Xunta directiva e secretaría técnica expuseron aos socios os resultados da anualidade e debatíronse liñas estratéxicas e actividades prioritarias para 2023. Entre outros temas, fíxose balance das campañas e actividades impulsadas a través do convenio entre a CMAT e Turismo de Galicia e as axudas de Deputación da Coruña para os entes de xestión dos xeodestinos da provincia, tratouse a participación do destino en FITUR en xaneiro de 2023 e da posibilidade de por en marcha un proxecto importante destinado a mellorar a calidade e a competitividade dos servizos turísticos do territorio e continuar traballando na consolidación do destino no eido do astroturismo.

O convenio con Turismo de Galicia permite que Costa da Morte Asociación Turística impulse campañas promocionais temáticas para poñer en valor o patrimonio megalítico de Costa da Morte, os principais lugares de interese xeolóxico, o surf e as praias salvaxes e o turismo familiar. Durante os últimos meses, ademais de presentar os novos contidos nas redes sociais e na web da CMAT, un equipo de profesionais da fotografías e o audiovisual está a percorrer os lugares de maior interese relacionados con estas temáticas da Costa da Morte. Este material servirá para que a CMAT fortaleza a capacidade de promoción e información sobre o territorio, especialmente a través da canles online.

No 2023 Costa da Morte Asociación Turística, según ratificou a asemblea, seguirá traballando na imaxe e posicionamento dos valores da marca do destino, na diversificación da oferta e na mellora, na distribución equilibrada dos fluxos turísticos ao longo do territorio e na desestacionallización da demanda. A CMAT traballa neste último trimestre de 2022 na reedición, xunto cos concellos do xeodestino, do Mapa Turístico de Costa da Morte, que estará nas próximas semanas a disposición de viaxeiros locais e foráneos. A asociación tamén produce material de merchandising para empregar en eventos promocionais e feiras de turismo.

O convenio con Turismo de Galicia permite, ademais, a organización do II Encontro de Turismo de Costa da Morte, organización na que actualmente traballa a CMAT. Esta cita do ecosistema turístico do xeodestino terá lugar o martes da próxima semana, 29 de novembro, en Costa Caión, na localidade de Caión (A Laracha). Mónica Rodríguez considera que o evento “representa unha oportunidade para formentar a unión dos concellos, da iniciativa pública e do sector turístico privado”. Ao seu xuizo, “o encontro serve para celebrar o pasos adiante dados polo xeodestino”.

Unha cita para todo o sector a Certificación Starlight coma temática principal

A presidenta da CMAT aproveitou a asemblea para agredecer o “apoio” de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña no cofinanciamento das actividades desenvolvidas e “esenciais para poder consolidar o noso xeodestino, posicionar a nosa marca e atraer a un turismo de maior calidade”. O II Encontro de Turismo de Costa da Morte contará con representantes do concellos, do tecido empresarial turístico local, da Deputación da Coruña, de Turismo de Galicia e da Fundación Starlight. Tamén participará o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira. Un dos proxectos estrela da CMAT durante 2022 foi a candidatura presentada para ter a posibilidade de que o territorio da Costa da Morte opte á certificación coma Destino Turístico Starlight. O científico baiés coordinou os informes técnicos presentados á Fundación Starlight. Nas próximas semanas, coñecerase a resolución de concesión deste distintivo interncional de gran renome e importancia, que actualmente soamente teñen 3 destinos en Galicia: Parque Nacional de Illas Atlánticas e concellos de A Veiga e de Muras. No caso de obtelo, será sen dúbida un gran trampolín para o posicionamento internacional de Costa da Morte. Ademais, a incorporación de Costa da Morte na rede de Destinos Starlight sería de gran impacto, xa que poucos destinos certificados contan coa extraordinaria dimensión do territorio.

Arquivado en:

Novas